Usuario - - Acceso de Usuarios
Viernes - 30.Julio.2010

INICIO
LA EMPRESA
Trabajos Realizados
RESPONSABILIDAD SOCIAL EMPRESARIAL Responsabilidad Social
BOLSA DE EMPLEO Bolsa de Empleo
Donde Estamos Donde Estamos
Contacto
ACREDITACIONES
FORMACION
CONSULTORIA
ALQUILER DE AULAS
CENTRO DE DESCARGAS
BUZON DE SUGERENCIAS

RESPONSABILIDAD SOCIAL EMPRESARIAL

ver las estadisticas del contenido recomendar  contenido a un amigo
.
A Responsabilidade Social Corporativa (RSC), tamén chamada Responsabilidade Social Empresarial (RSE), pode definirse como a contribución activa e voluntaria á mellora social, económica e ambiental por parte das empresas, xeralmente co obxectivo de mellora-la súa situación competitiva e valorativa e o seu valor engadido.

As empresas do noso entorno móvense nun mercado cada vez máis competitivo no que a diferenciación e a fidelización son claves á hora de aumentar ou manter a carteira de clientes. Estes, pola súa parte, fixéronse cada vez máis esixentes, obrigando ás empresas a buscar novas fórmulas e a reflexionar sobre o seu quefacer diario. O consumidor de hoxe en día non é o mesmo que o de fai anos; unha importante diferenza é que se mostra cada vez máis sensible ante as desigualdades sociais e esixe unha maior preocupación social e/ou medioambiental nas operacións que as empresas realizan.

Polo tanto ás pequenas e medianas empresas convenlles especialmente adoptar a visión da RSC para poder diferenciarse do resto pero, ademais, posúen máis facilidades á hora de facelo, dadas as súas peculiaridades. Neste senso, resúltalles máis fácil adaptarse aos cambios dos últimos anos, xa que poden responder de maneira máis flexible e rápida e porque isto permítelles advertir oportunidades de mercado e asegurar a súa vantaxe competitiva.

Como proba inequívoca da nosa vontade de transparencia, dende RECURSOS GALICIA S.L. queremos facilitar unha ampla información sobre o desempeño da entidade, a todas as persoas e grupos que se ven ou poderían verse afectados polo desenrolo da actividade da empresa. Dita información tentamos plasmala neste documento que presentamos e que constitúe unha presentación equilibrada e razoable do desempeño económico, ambiental e social da nosa organización.

Dende RECURSOS GALICIA fomos adaptando, sucesivamente, a estratexia e os criterios de xestión ás novas demandas da sociedade e agora queremos seguir demostrando a súa capacidade de evolución, dando resposta a novas tendencias sociais que propugnan un modelo de empresa, cunha visión de negocio enfocada ao longo prazo, que incorpora na toma de decisións valores como a ética, a transparencia e a diversidade, orientando a súa xestión cara ao desenrolo sostible.

Anímolles, polo tanto, a que realicen unha lectura deste documento, agradecéndolles o envío de todas aquelas suxestións de mellora que consideren convintes.


Xiana Zapata
Directora


O noso compromiso

ir arriba

Compra 0,00 €

No hay ningún producto en su carro de compra

Catálogo de Cursos
Sector Educacion
Monográficos
v01.91:0.06
GestionMax
INICIO   FORMACION   PROMOCIONES   CONTACTO   POLITICA DE PRIVACIDAD   BUSCADOR   MAPA WEB   

Recursos Galicia SL- 902 027 622- info@formacionytrabajo.com